O voto correo, que se dispara un 24%, apunta a unha masiva participación nas eleccións


As consecuencias das longas colas para votar observadas nalgunhas oficinas e a ampliación do prazo ante a demanda confirmáronse hoxe. Pase o que pase o 28A, parece que o veredicto das urnas terá, polo menos en Galicia, un respaldo moi importante. Tradicionalmente, unha alta participación adoita favorecer aos partidos de esquerda. 


|

As consecuencias das longas colas para votar observadas nalgunhas oficinas e a ampliación do prazo ante a demanda confirmáronse hoxe. Pase o que pase o 28A, parece que o veredicto das urnas terá, polo menos en Galicia, un respaldo moi importante. Tradicionalmente, unha alta participación adoita favorecer aos partidos de esquerda. 


As xuntas electorais aceptaron o voto por correo de 89.677 persoas na Comunidade galega, segundo informou este venres a Delegación do Goberno en Galicia.


Nas últimas xerais, solicitaron o voto por correo 72.096 galegos. Isto mostra un significativo aumento da participación, de máis dun 24,3%. 


28A.- Tramitadas 21.148 solicitudes de voto por correo en Navarra, 18.646 desde España e 2.502 desde o exterior


Ademais, o aumento é máis importante tendo en conta que as eleccións xerais de 2016 foron unha xornada,  o 26 de xuño, de verán, na que xa hai algúns traballadores gozando das súas vacacións estivais.


A subida é aínda maior comparándoa coas últimas autonómicas, cando só solicitaron o voto por correo 39.890 persoas. É dicir, agora solicitárono un 124% máis de votantes.

Colas para votar en correos crtvg

Colas de voto por correo nunha oficina galega | CRTVG


Para o vindeiro domingo, son 66.291 residentes en España que non poderán acudir aos seus locais electorais este domingo os que o solicitaron, 22.228 residentes ausentes e 1.148 residentes en España que se atopan temporalmente no estranxeiro.

UNS 60.0000 NOVOS VOTANTES
Este domingo poden votar 2.698.525 persoas en Galicia que están chamadas ás urnas, das que son residentes en Galicia 2.240.616 e 457.909 viven no exterior.

Ademais, 58.093 deles son novos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde os últimos comicios, concretou a Delegación do Goberno.

REPARTO POR PROVINCIAS
Este domingo os galegos elixirán a un total de 23 deputados e deputadas: oito na provincia da Coruña, sete en Pontevedra, catro en Lugo e catro en Ourense. Tamén escollerán a 16 senadores: catro por provincia, á marxe dos dous senadores elixidos por designación autonómica.

En total proclamáronse 49 candidaturas ao Congreso e 47, ao Senado. Galicia contará con 3.956 mesas distribuídas en 2.416 locais electorais e haberá dispoñibles 7.912 urnas e 3.956 cabinas para elixir as papeletas.

PAPELETAS E MESAS
En total, destacou a Delegación do Goberno en Galicia, imprimíronse 27 millóns de papeletas para o Congreso e 2,4 millóns de papeletas para o Senado.

Estas mesas estarán atendidas por 11.868 membros de mesa, que foron xa seleccionados e por 2.622 representantes da Administración, que "se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto de voto", explica a Delegación.

Ademais, respecto a as persoas con discapacidade visual, indica que recibíronse 33 solicitudes en toda Galicia para usar os kits de accesibilidade que permiten a estas persoas exercer o seu voto.

O dispositivo de seguridade para a xornada electoral contará cun total de 6.915 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade, entre Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local.

relacionada Marta González (PP): "Os que non voten a Casado acabarán facendo presidente a Sánchez dunha ou outra forma"
relacionada Ana Seijas (En Marea): “Queremos un goberno de progreso en España, sen deixar atrás a Galicia"
relacionada Néstor Rego: "Sen o BNG no Congreso, Galicia perdeu atención aos seus problemas "
relacionada ​Gómez Reino (En Común) “O noso é o único voto útil posible para frear un goberno de PSOE e Cs”
relacionada Beatriz Pino (Cs): "Calquera español debe ter a mesma posibilidade de ser contratado en calquera parte de España "
relacionada Pilar Cancela (PSOE): "Non podemos confiarnos demasiado das enquisas, a xente ten que acudir a votar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE