Xa nos esquecemos das preferentes? Traballadores de ABANCA protestan pola venda de produtos financeiros complexos
Unha pasada protesta de CIG Abanca Obxectivos comerciais "mesmo de produtos financeiros complexos", quéixanse na convocatoria da súa concentración mañá xoves en Santiago .
CIG A-Banca continúa a súa campaña para protestar contra a "excesiva carga de traballo asignada" ao cadro de persoal. Entre outros motivos, a central denuncia a os "obxectivos comerciais" que lles impoñen desde a dirección do banco.
Unha pasada protesta de CIG Abanca
Obxectivos comerciais "mesmo de produtos financeiros complexos", quéixanse na convocatoria da súa concentración mañá xoves en Santiago . ABANCA é herdeira das rescatadas e despois malvendidas caixas galegas, epicentro da venda de participacións preferentes que deixou miles de persoas cos seus aforros nas pavías durante anos, en moitos casos pola venda deses produtos de investimento complexo a cidadáns -a miúdo persoas maiores- que non tiñan capacidade de entender os riscos que estaban a asumir.
Os operarios tamén denuncian a "desigualdade retributiva existente entre mulleres e homes", que cifra nunha media de 11.173 euros, e o "incumpliento" das normas que permiten aos traballadores non consultar os seus correos fose do horario laboral.
Na capital de Galicia están convocadas sete concentracións mañá diante doutras tantas sucursais.
Escribe o teu comentario