"800 euros" ao día en dietas para un alcalde


"O alcalde chegou a fixar no mesmo día tres comisións e unha xunta de goberno para embolsarse 800 euros". Esta é parte da denuncia lanzada pola candidatura Veciños de Monterrei , contra o seu alcalde, que tamén é xefe de persoal da Deputación de Ourense. O caso chega agora aos xulgados.


|

"O alcalde chegou a fixar no mesmo día tres comisións e unha xunta de goberno para embolsarse 800 euros". Esta é parte da denuncia lanzada pola candidatura Veciños de Monterrei  contra o alcalde, que tamén é xefe de persoal da Deputación de Ourense. O caso chega agora aos xulgados.



Jose luís suarez alcalde de monterrei ourense nunha imaxe da xunta


Dado o seu cargo na Administración Provincial que dirixe Manuel Baltar, José Luís Suárez (PP) non ten soldo por dedicación exclusiva ao seu labor na alcaldía. Cumprindo a lei, cobra, iso si ,as dietas que lle corresponden por plenos, comisións, etc.


A oposición acúsao de establecer para si mesmo unhas dietas non só elevadas, "200 euros por cada reunión"; senón tamén desiguais. Así, os concelleiros cobrarían só 80 euros por reunión.


Tal disparidade é a que Veciños denunciou á Xustiza. Nun comunicado, esta forza explica que o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense admitiu a trámite o recurso, polo que hoxe "o alcalde terá que dar as oportunas explicacións ante a Xustiza".


Non é a primeira vez que esta forza política critica ao alcalde por este motivo. En 2016, dixeron que cobrara 16.000 euros brutos anuais en dietas, cobrando mesmo mais que os seus compañeiros de goberno e de partido, que si traballan para o Concello de Monterrei a tempo completo e con dedicación exclusiva. Engadiron, ademais, que o alcalde adoita acumular múltiples reunións nun día, incluso convocando plenos ordinarios e extrordinarios para a mesma xornada.


RESPOSTA DO ALCALDE

Afirmacións que xa negou en político no seu día, polo menos en parte. En 2016, Suárez Martínez admitiu, iso se, que cobraría aproximadamente uns 10.000 euros ao ano en total. Tamén  argumentou que outros alcaldes da súa comarca perciben moito máis.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE