As “low cost” dos vixiantes de seguridade desembarcan no Recinto Feiral de Silleda

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada (FTSP-USO) critica que estes contratos sigan caendo en mans destas “empresas pirata”, neste caso a monfortina Alcor.


|

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada (FTSP-USO) critica que estes contratos sigan caendo en mans destas “empresas pirata”, neste caso a monfortina Alcor.


Seguridade privada seguratas


Alcor Seguridade volve estar no ollo o furacán. A empresa monfortina adxudicouse o contrato para encargarse da seguridade do recinto feiral de Silleda, algo que molestou á Federación de Traballadores de Seguridade Privada (FTSP-USO). A organización non dubidou á hora de tachar á compañía de “empresa pirata” e declarar que o concurso era “un traxe feito” á medida de Alcor.


De feito, Alcor era a única empresa na batalla para o contrato de seguridade do recinto e eventos da Fundación Semana Verde de Galicia, dirixida por Ricardo Durán. Isto débese a que o resto de empresas participantes decidiron saírse do concurso porque non se cumpría o convenio laboral do sector, ao que Alcor non está subscrito por contar cun convenio propio e máis precario.


As BAIXO CUSTO DA SEGURIDADE

Esta situación deixa ao sector moito máis desamparado, xa que se trata dun gremio onde os salarios xa son bastante baixos e no que non deixan de proliferar compañías como Alcor, onde os traballadores perciben un salario notablemente máis baixo a pesar de traballar máis horas. Esta práctica foi tachada de “semiesclavista” por parte da Federación de Traballadores de Seguridade Privada.


Do mesmo xeito, cabe lembrar que Alcor Seguridade segue inmersa en diversos procesos xudiciais por supostos delitos fiscais e contra os traballadores, tal e como informa a nota de USO.


CRITICA DO SINDICATO

O sindicato critica que a licitación se fixese para perpetuar a alianza entre a Fundación presidida por Ricardo Durán e esta “low cost” da seguridade privada, lamentando á súa vez que a empresa non cumpra co convenio estatal.


Semana verde está a permitir o incumprimento de convenio para así aforrar custos á concesionaria para que poida licitar á baixa e quitarlles do medio á competencia”, sentencia a nota sindical. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE