Máis de 100 investigadores galegos únense para avanzar en nanotecnoloxía

Ten como fin constituírse nun instituto estable con experimentación en campos como rexeneración de tecidos e enerxías limpas

|

Ten como fin constituírse nun instituto estable con experimentación en campos como rexeneración de tecidos e enerxías limpas

O grupo de investigación de novos materiais Aemat foi presentado este mércores na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en procura de avances en campos como a nanotecnoloxía, tras a acreditación por parte da Consellería de Educación como agrupación estratéxica.


Nace Aemat na USC, un grupo con 120 investigadores de materiais en procura

Está conformado por 120 investigadores de 11 grupos de diferentes ámbitos que abarcan os biomateriales (como creación de tecidos con impresión 3D) os dispositivos ópticos e a simulación computacional de materiais.

CAPACES DE PATENTAR AVANCES
Os equipos agrupados en Aemat suman o rexistro de 25 patentes nos últimos anos, a constitución de varias 'spin-off', así como a captación anual duns dous millóns de euros en recusos públicos e privados.

No seu plan de traballo atópase a captación de talento, achegar os novos materiais "ao gran público" xunto á colaboración coa industria. Estes equipos traballaron con empresas como Televés, Finsa, Ferroatlántica, Endesa e Sargadelos.

PALABRAS DO ALCALDE E A CONSELLEIRA
Na presentación, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, felicitou a esta iniciativa baseada nos novos materiais, "un dos alicerces da actual revolución industrial" cos que abordar "retos globais como a transición enerxética, a diminución do impacto ambiental e a innovación".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dixo estar "orgulloso" do potencial investigador da USC, á que definiu como "a Citroën" da capital de Galicia, á vez que apelou ao papel que a universidade debe xogar na "reindustrialización" da cidade.

"XERME" DUN INSTITUTO ESTABLE
Neste proxecto sobresae o perfil de excelencia dos seus investigadores, con "dous líderes destacados", en palabras do reitor da USC, Antonio López, en referencia aos profesores de "prestixio internacional" José Rivas Rey e Arturo López Quintela.

No acto, o profesor Rivas Rey remarcou que se busca que Aemat sexa "xerme" dun futuro instituto "estable" no campo de novos materiais.

Tamén deixa claro este proxecto sae dun "esforzo colectivo de varias décadas", mentres fai fincapé na importancia da I+D+i nun "punto de inflexión" dos avances de nanotecnoloxía.

Aemat é unha das catro novas estruturas supragrupales recoñecidas pola Xunta na convocatoria de 2018, tras presentarse oito entidades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE