Balseiro, probable candidato do PP en Lugo e á presidencia Deputación

O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.


|

O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas a o PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.


Ditas fontes sitúan a Balseiro como número 2 de Ramón Carballo na cidade. O home forte de Feijóo na provincia tería así unha posición protagonista para tentar o asalto ao Pazo Provincial.


Conquista que parece complicada, vistos os resultados da última enquisa publicada para a capital.  Sondaxe prevé que o PP perda un concelleiro a favor da entrada de Vox na corporación. Cos dous deputados nos que se estancaría Cidadáns, as dereitas non sumarían suficiente para desbancar a Lara Méndez, se a socialista -que gañaría un concelleiro- non suscita o veto de BNG e as mareas. Ademais, está por ver como afecta no rural a previsible maior atomización do sufraxio dada a puxanza de novas formacións.




O PP de Lugo vive tempos convulsos. Os líderes de Monforte e Ribadeo marcháronse do partido no medio de duras críticas á dirección de Elena Candia e, no caso de Ribadeo, ao propio Balseiro, orixinario da Mariña.



Josemanuelbalseiro



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE