Escotet gañou 660 millóns desde que lle adxudicaron ABANCA

Cal foi o resultado de rescatar as antigas caixas para logo vendelas? Os fríos datos revelan ata que punto Juan Carlos Escotet está a facer negocio a partir de Caixanova e Caixa Galicia, rescatadas no seu día con case 13.000 millóns de euros públicos.


|

Cal foi o resultado de rescatar as antigas caixas para logo vendelas?  Os fríos datos revelan ata que punto Juan Carlos Escotet está a facer negocio a partir de Caixanova e Caixa Galicia, rescatadas no seu día con case 13.000 millóns de euros públicos.


As cifras falan por se soas. No rescate metéronse máis 12.279 millóns públicos;  Banesco pagou por elas 1.003 e  desde que as comprou,  Abanca suma 2.100 de beneficio neto. 


Cos 12,6 millóns en dividendos aprobados agora, o banqueiro de Venezuela, Juan Carlos Escotet, dono do 95% do negocio, embolsouse máis de 660 millóns en dividendos en catro anos.



Beneficios abanca ata 2018

O consello de administración de Abanca acordou proceder ao pago do dividendo a conta dos beneficios do exercicio 2018 por un importe total bruto de 12,85 millóns de euros ou 0,0057 euros por título. O pago en efectivo realizarase este martes 5 de febreiro.


MELLOR ANO EN BENEFICIOS, PERO MENOS DIVIDENDO

O dividendo deste ano é menor aos aprobados en exercicios anteriores, a pesar de que ABANCA persume que 2018 foi o mellor ano da súa curta historia. En total, desde que o Estado adxudicou a entidade ao grupo de Venezuela Banesco, ABANCA produciu máis de 2.100 millóns de beneficio neto, 430 deles só o ano pasado, e uns 2.600 de beneficio antes de impostos, 464 en 2018.


Tendo en conta que o grupo de Juan Carlos Escotet pagou, en prazos, só 1.003 millóns por mor de gañar a poxa do FROB, o beneficio para o grupo supera xa claramente os 1.000 millóns. É dicir, en só cinco anos Banesco duplicou o beneficio do seu investimento.


A boa marcha do negocio repercute, loxicamente, no peto do dono do grupo. Juan Carlos Escotet embólsase a práctica totalidade dos dividendos, pois para algo controla o 95% da sociedade. Como resultado, a el correspóndenlle uns 670 millóns dos 704 cuxo reparto aprobou o Consello de Administración de Administración 


Dividendos abanca 2018

Segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e resume Europa Press, o pago en efectivo só poderán recibilo os accionistas que o fosen ás 00,00 horas do pasado 1 de febreiro.


Esta retribución está suxeita a unha retención fiscal do 19% que se aplicará sobre o importe bruto de cada caso en particular.


O acordo foi igualmente notificado a Cecabank, encargada da llevanza do rexistro contable de valores anotados en conta, que foi nomeada entidade axente de pagos do dividendo.



Escotet feijoo premio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE