O West Ham está moi preto de levar a Maxi Gómez

Galiciapress puido saber que o West Ham xa traballa nas xestións económicas para reunir e mover o diñeiro co que pretende pechar a contratación de Maxi Gómez, por un montante un pouco inferior aos 50 millóns que marca a cláusula do charrúa.


|

Galiciapress puido saber que o West Ham xa traballa nas xestións económicas para reunir e mover o diñeiro co que pretende pechar a contratación de Maxi Gómez, por un montante un pouco inferior aos 50 millóns que marca a cláusula do charrúa.


Maxi gomez celebracion

Maxi Gómez ten as horas contadas en Vigo / Foto: RC Celta


Maxi Gómez está camiño a converterse na venda máis cara da historia do Celta de Vigo. A operación podería facerse oficial en cuestión de horas e en Inglaterra xa o dan por fichado. De feito, pola información que manexa este medio, o West Ham xa empezou a mover o diñeiro para levar a cabo a contratación, cun gasto que, segundo esa mesma fonte, sería superior aos 40 millóns, polo que en principio non sería o pago da cláusula do dianteiro charrúa, marcada en 50 millóns.


A pesar das declaracións de Felipe Miñambres nas que recoñecía contactos co West Ham pero aseguraba que Maxi non se iría se non é mediante o pago da súa cláusula, son moitos os indicios que poñen ao uruguaio rumbo a Londres.


PRINCIPAL DESEXO DE PELLEGRINI

En primeiro lugar que se trata dunha vella pretensión dos hammers, que xa o quixeron no verán. Pellegrini é o seu principal valedor e adestrar baixo as ordes do adiestrador chileno seduce a Maxi Gómez. No vestiario atoparíase con Zabaleta, Balbuena ou Lanzini, tamén suramericanos, polo que o cambio de país e a barreira do idioma non serían dous hándicaps especialmente traumáticos en primeira instancia.


Doutra banda, a beiras do Támesis tamén suspiran por Duvan Zapata. O cafeteiro é unha das sensacións da Serie A e xa é obxecto de desexo de varios grandes de Europa. Segundo varios medios italianos, o Atalanta xa puxo prezo á súa cabeza e non deixará saír ao colombiano por menos de 40 millóns, polo que tanto a operación de Maxi como a de Zapata pódense estar a levar de forma paralela con dúas finalidades: atar aos dous canto antes para evitar que llos leve outro club; ou afianzar canto antes una das dúas opcións e asinar a que calle primeiro.


SAÍDAS NO WEST HAM

Cabe destacar que a chegada dun dianteiro ao conxunto inglés depende tamén de que se alixeiren as fichas. A operación por Maxi acelerouse nas últimas horas polas informacións que sitúan a Andy Carroll e Arnautovic lonxe do Olympic Stadium. Carroll termina contrato e é un desexo do Tottenham, que busca un recambio para o lesionado Kane. O West Ham medita deixalo saír por uns dous millóns de euros, para que así non se vaia gratis en xuño. A súa chegada aos spurs podería provocar á súa vez a saída de Llorente rumbo a un club da liga, co Athletic como principal candidato. O caso de Arnautovic é distinto, xa que Pellegrini non quere perdelo pero the irons manexan dúas ofertas do fútbol chinés, e Arnautovic xa expuxo ao corpo técnico que desexa aceptar o contrato de China, quedándose fose da lista no último encontro do seu equipo ante o Bournemouth.


De igual maneira, Chicharito e Lucas Pérez están tamén no disparadero, polo que se non frutifica ningunha das opcións anteriores, o mexicano e o español teñen todas as papeletas para deixarlle sitio a Maxi Gómez. O azteca parece ter un acordo co Valencia, mentres que o galego xa foi relacionado co Real Betis.


MALA SITUACIÓN DEPORTIVA

No lado do Celta, a operación poderíase dar por varios factores. O primeiro é a difícil situación deportiva do club: un equipo feito para pelexar por Europa pero que se atopa a un paso dos postos de descenso. O persoal parece non confiar na proposta de Cardoso, e non son poucos os xogadores que miran de esguello a porta de saída. Paradoxalmente, o mal ritmo do equipo é directamente proporcional ao excelente rendemento ofensivo de Maxi Gómez e Iago Aspas, dúas dos máximos artilleiros do campionato, o que espertou o interese de moitos clubs preguntando pola súa situación, non só do West Ham.


NEGOCIO REDONDO

Aínda que non é o pago da cláusula, 40 millóns de libras (máis de 45 millóns de euros) supoñen un record na caixa do Celta, que lle permitiría afrontar no verán ou nesta mesma xanela de fichaxes unha serie de contratacións coa intención de corrixir a mala planificación do pasado mercado estival. O ariete de Paysandú chegou fai dous veráns por 4 millóns, e o seu rendemento para superado todas as expectativas, polo que deixalo ir por 10 veces o que custou non parece un mal negocio.


O REMPLAZO

Sumado a isto, hai que ter en conta que Gabriel ‘Toro’ Fernández está atado, e que o nove de Peñarol ía chegar a Vigo independentemente da saída ou non de Maxi. O dianteiro aínda non pasou o recoñecemento médico nin asinou, pero o entendemento entre Celta, Peñarol e Racing Montevideo, club que ten parte do seu pase, é total. A pesar de que só están pendentes estes detalles para a súa chegada, os aurinegros queren quedarllo ata xuño para que xogue a liguiña da Liberadores, algo ao que nun principio non se opón o Celta, para non cortar a súa progresión. Con todo, se Maxi Gómez fai as maletas para irse a Premier, unha compensación económica podería traer a Gabriel Fernández á Ría de Vigo antes do esperado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE