ASMIG pide a Feijóo “unha OPE para os interinos de longa duración”

A asociación de médicos interinos pide ao goberno galego que convoque unha Oferta Pública de Emprego para estes profesionais e pídelle que “mire máis polos de casa”.


|

A asociación de médicos interinos pide ao goberno galego que convoque unha Oferta Pública de Emprego para estes profesionais e pídelle que “mire máis polos de casa”.


Hospitalsanidadmedicos


Despois das declaracións de Alberto Núñez Feijóo nas que anunciaba que propoñerá á ministra de sanidade a convocatoria “extraordinaria” de prazas MIR en Atención Primaria, a Asociación de Médicos Interinos de Galicia pide o mesmo trato para os interinos temporais e de longa duración “que a día de hoxe aínda engrosan as listas de contratación do SERGAS”.


ASMIG pide que se abra un proceso extraordinario “para estabilizar aos médicos da primaria que aprobasen polo menos un proceso selección e teñan no seu haber un longo percorrido de servizos prestados”.


“Que agora o señor Feijóo opte por pasar a pelota ao Estado, cando foi incapaz de sanear a súa casa, resulta indecente e inmoral e supón que a Xunta de Galicia abrirá as portas a persoal doutras CC.AA e mesmo estranxeiros, con tal de fornecerse de contratos baratos e permanentes en detrimento de quen contribuíu durante anos a defender a sanidade pública de Galicia e agora atópanse de bruzos con este desplante incalificable”, reza o comunicado de ASMIG, que insta o goberno galego e convocar unha OPE extraordinaria. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE