Vueling conectará Alvedro con Bilbao e Málaga na primavera

A compañía, líder no aeroporto da Coruña por volume de pasaxeiros transportados, anunciou novas conexións que achegará aos viaxeiros co País Vasco e Andalucía.


|

A compañía, líder no aeroporto da Coruña por volume de pasaxeiros transportados, anunciou novas conexións que achegará aos viaxeiros co País Vasco e Andalucía.


Vueling


A compañía contará con dúas voos semanais para estas dúas novas conexións, que se suman ás rutas habituais xa consolidadas do aeroporto da Coruña con destinos como Barcelona, Gran Canaria, Londres-Heathrow, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife ou Valencia.


“Cabe destacar tamén as outras novas rutas que Vueling pon á venda hoxe de forma conxunta como son as de Bilbao-O Porto, Alacante - París-Charles de Gaulle, Alacante - Londres-Gatwick, Alacante - Gran Canaria e Alacante – Oviedo”, sinala a nota de Vueling.


Segundo os datos oficiais de Aena, Vueling transportou máis de 500.000 pasaxeiros na cidade herculna. “Na actualidade, Vueling conta con máis de 130 destinos de curto e medio radio en Europa, Norte de África e Oriente Próximo, que son operados cunha frota conformada por 114 avións dos modelos Airbus A319, A320, A320neo e A321”, sentencia a compañía aérea. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE