Critican o silencio xacobeo a pesar de que a mina de Touro afecta o Camiño de Santiago

A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) critica o "silencio" doutros organismos vinculados á ruta xacobea sobre a mina de Touro. Tras visitar "a pé de obra" a zona e falar cos promotores ratifícanse en que "afectaría gravemente a paisaxe e á contorna do Camiño de Santiago". 


|

A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) critica o "silencio" doutros organismos vinculados á ruta xacobea sobre a mina de Touro. Tras visitar "a pé de obra" a zona e falar cos promotores ratifícanse en que "afectaría gravemente a paisaxe e á contorna do Camiño de Santiago".



Peregrinosnaturaleza


O colectivo centra os seus criticas en a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e noutras asociacións. "A que o silencio de Patrimonio?, a que o silencio de tantas institucións, federacións e asociacións vinculadas ao Camiño?, é tan difícil mollarse, dar a cara aínda que cha rompan? A nosa postura reiterámola: Si ao Camiño e non, rotundo e sen concesións, á destrución da contorna do Camiño de Santiago", argumentan.


Os primeros informes de técnicos de la Xunta sobre o proxecto de Cobre San Rafael - Atalaya Minning foron negativos. Agora ben, entre eses informes, polo menos entre os filtrados polos ecoloxistas, non figuraba o de Patrimonio, a pesar da proximidade da explotación á vía xacobea.


A FICS é unha das asociacións que promove e defende a conservación do Camiño de Santiago. Xa en xuño deste ano emitiu un informe técnico que alertaba do impaco na ruta no caso de aprobarse o proxecto de Atalaia Minning. 


"A superficie total da futura explotación mineira é, polo momento, unha incógnita, debido a que, aínda que a empresa deu a coñecer un proxecto que mantén as cuadrículas de explotación a certa distancia (450 metros) do Camiño de Santiago, a demasía da mina, que podería ser explotada pola empresa, chega a tocar e mesmo pasar a propia ruta xacobea", alertou no seu día a Federación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE