Así son os camións e furgonetas da DXT que xa multan en Galicia

A Dirección Xeral de Tráfico ten estes días en marcha un programa piloto contra o uso do móbil. O experimento inclúe camións e furgonetas camuflados para vixiar que fan os condutores ao voltante.


|

A Dirección Xeral de Tráfico ten estes días en marcha un programa piloto contra o uso do móbil. O experimento inclúe camións e furgonetas camuflados para vixiar que fan os condutores ao voltante.


Os gardas civís destes vehículos sen distintivos e coas lúas tintadas  traballan coordinados con coches de Tráfico, que deteñen aos infractores para multalos unha vez que foron observados polos seus compañeiros.  Ademais, segundo informa Autopista citando á app Social Drive, polo menos una das furgonetas camufladas leva incorporado un radar do tipo Veloláser. 



A DXT estima que ata un terzo dos accidentes mortais ten que ver con descoidos relacionados coa consulta do teléfono móbil mentres se conduce. O responsable da DXT asegurou que de momento só existe en España “un só camión camuflado e unha soa furgoneta camuflada, que se atopa en Galicia”. A furgoneta foi observada estes días na nacional que une Santiago e A Coruña, á altura de Ordes.



Furgoneta radar trafico

Furgoneta de tráfico nunha imaxe de Social Drive


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE