A Policía investiga pintadas de "God is gay" nun colexio católico

Axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón tratan de localizar ao autor ou autores dunha pintadas ofensivas que apareceron na fachada principal e sobre a porta de acceso ao colexio Cristo Rey de Ferrol, situado na rúa Coruña, en pleno barrio da Magdalena.


|

Axentes da Policía Nacional pertencentes á comisaría de Ferrol-Narón tratan de localizar ao autor ou autores dunha pintadas ofensivas que apareceron na fachada principal e sobre a porta de acceso ao colexio Cristo Rey de Ferrol, situado na rúa Coruña, en pleno barrio da Magdalena.


Pintadas na fachada do colexio Cristo Rey de Ferrol
Con inscricións do tipo 'Que lle dean a Deus e todos os seus reinos' ou 'God is gay' --"Deus é gai"--, as proclamas causaron unha gran conmoción no centro concertado, que xa presentou denuncia en sede policial. A súa superiora, Ana Rifón, ademais de coordinadora do equipo de titularidade, apuntou que se trata de "unha falta de respecto da cidadanía e ás crenzas relixiosas". "Se cadra o que o escribiu non sabe moi ben o que quere reivindicar ou atacar, xa que Deus está por encima de todo", indicou.

Desde o centro educativo din que estas pintadas supoñen "un dano material", polo que se interpuxo unha denuncia para tratar de dar cos autores.

Rifón tamén trasladou que este acto supuxo "unha gran indignación na comunidade educativa, desde os profesores, pasando polos alumnos e os pais". As pintadas foron realizadas a unha hora indeterminada da noite entre o pasado venres, 12 de outubro, e o sábado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE