Alarma pola publicación de vídeos de mulleres na rúa nunha web porno

A Policía Nacional de Santiago investiga a publicación nun coñecido portal porno de imaxes de mozas tomadas sen o seu consentimento na cidade de Santiago de Compostela. Son xa varias as denuncias das afectadas que protagonizan os vídeos, que desgraciadamente xa acumulan miles de visitas na rede.



|

A Policía Nacional de Santiago investiga a publicación nun coñecido portal porno de imaxes de mozas tomadas sen o seu consentimento na cidade de Santiago de Compostela. Son xa varias as denuncias das afectadas que protagonizan os vídeos, que desgraciadamente xa acumulan miles de visitas na rede.


Praza Roxa

Imaxe de recurso da Praza Roxa


O modus operandi do autor dos vídeos é perseguir a grupos de mozos e mesmo nenas menores de idade na Zona Nova de Santiago e tomar imaxes principalmente do seu traseiro, aínda que en varias tomas dos vídeos chégase a ver a cara das afectadas. No día de onte as redes sociais xa deron a voz de alarma e moitas publicacións denuncian estes actos e animan a outras mozas para estar alerta ou, no caso de que pasasen polo mesmo, a interpoñer unha denuncia contra o autor.


Aínda que foi onte cando saltou a alarma, os vídeos poden levar tempo circulando pola rede. Doutra banda tamén se difundiu a imaxe do posible autor dos vídeos, que no portal pornográfico opera baixo o nome de usuario ‘Capa de armadillo’ e que nun dos vídeos esqueceuse de eliminar o seu reflexo nun escaparate.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE