Cruzamento de declaracións entre Iglesias e Bescansa polo liderado en Galicia


|

O proceso de apertura de eleccións para liderar Podemos Galicia chega con polémica. O grupo oficialista de Carmen Santos propuxo a Carolina Bescansa como candidata a liderar o partido en Galicia. Con todo, en declaracións a La Sexta, Pablo Iglesias afirmou que lle “chama a atención” que Bescansa aspire a ese posto “despois de levar 20 anos vivindo en Madrid”. Pola súa banda, unha das fundadoras de Podemos respondeu a Iglesias afirmando que “as galegas non deixamos de selo cando emigramos”.



Bescansaiglesiaserrejon 1

Carloni Bescansa xunto a Pablo Iglesias e Íñigo Errejón.


O calendario da terceira Asamblea Cidadá de Podemos Galicia arrinca este luns coa publicación na súa páxina web do regulamento do proceso, aprobado polo Consello de Coordinación o pasado domingo. O martes quedará aberto o período de recollida de avais para a configuración de candidaturas, que deberán ser presentadas entre o 8 e 12 de outubro, día no que se iniciará a campaña.

As votacións desenvolveranse telemáticamente do 18 ao 24 de outubro e, un día máis tarde, daranse a coñecer os resultados. As persoas que queiran votar no proceso deberán figurar como inscritos de Podemos Galicia 10 días antes do peche do censo, que se clausurará o 8 de outubro.






Os inscritos do partido morado elixirán nova dirección --Consello Cidadán-- e Secretaría Xeral ante un panorama con varias candidaturas. O primeiro en anunciar que se presentará a liderar a formación foi o deputado de En Marea no Congreso Antón Gómez-Reino. Despois de que o sábado, a actual secretaria xeral Carmen Santos anunciase a súa renuncia, o domingo o seu equipo confirmou que lle propoñían á tamén deputada Carolina Bescansa presentarse como candidata.

Segundo informaron os medios de comunicación, este luns terá lugar unha reunión entre o equipo de afíns de Santos e Carolina Bescansa tras a que se dará a coñecer, aínda que sen confirmar o día, a decisión de compostelá. 




relacionada Propoñen a Bescansa como líder de Podemos Galicia
relacionada Cambio de líder en Podemos Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE