As restricións no acceso a bolsas para o alumnado con necesidades educativas específicas

O Colexio de Psicoloxía de Galicia denunciou a actual convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo


|

Estudo, estudar, estudante, estudantes, clase, clases, aula, aulas, alumno


O Colexio de Psicoloxía de Galicia (COP) denunciou a actual convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Fíxoo este mércores nun comunicado no que manifesta que nas bases só se convocan "determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta"


Segundo explica o organismo, para demostrar tales circunstancias é necesario obter un certificado de discapacidade ou dun equipo de valoración e orientación que depende da administración educativa correspondente. "Isto implica a exclusión ed nenos e nenas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) que non vén derivado dunha discapacidade nin dun trastorno grave de conduta", informan. 


O COP sostén que o TDHA é un trastorno que con tratamento psicolóxico e social "mellora notablemente o rendemento e o comportamento no ámbito educativo", e de non ser así, a exclusión deste tipo de trastorno levará a quen o padece "irremediablemente á persistencia dos seus síntomas e, como consecuencia, poden sufrir baixa autoestima, frustración e fracaso escolar". 


Tampouco se inclúe nas bases da convocatoria, segundo o COP, ao alumnado con dislexia, dislalia, ou autismo, entre outros. "O feito de restrinxir cada vez máis os criterios de acceso desvirtúa a que debe ser a finalidade destas bolsas, pois vai en contra dos principios educativos de inclusión, equidade e igualdade". 


Desde o Colexio de Psicóloxía subliñan que estas axudas son "imprescindibles" para o alumnado, para as súas familias e para a sociedade no seu conxunto. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE