Sindicatos ameazan con mobilizacións polo bloqueo a patronal a unha adenda que só afectaría a Navantia

Para o vindeiro martes, 11 de setembro, está "programado un novo encontro coa patronal ferrolá"


|

Navantia 9


Todas as federacións de industria dos traballadores das compañías auxiliares que operan nos dous estaleiros públicos da ría de Ferrol ameazaron con iniciar mobilizacións se a patronal do sector do metal na provincia da Coruña continua "bloqueando" a inclusión dunha adenda no convenio que afectaría tan só aos traballadores dos estaleiros de Navantia.


Así o aseguraron os integrantes das federacións de Industria de CC.OO., CIG, UXT e un delegado de M.A.S. (Movemento Alternativa Sindical) do comité de empresa de Navantia Ferrol, nunha comparecencia que realizaron ás portas da empresa pública.


O secretario da Federación de Industria de CC.OO. en Galicia, Víctor Ledo, asegurou que "a parte empresarial está a bloquear a inclusión dunha parte adicional ao convenio provincial", "tal e como acordaran todas as partes e coa mediación do Consello Galego de Relacions Laborais (CGRL)".


Ledo asegurou que os empresarios están a bloquear este anexo, pero son "moitos aos que non lles afectaría esta cuestión, que só sería un acordo para o sector naval público na ría de Ferrol".


"Non o imos a consentir, ademais de instar á patronal de Ferrol, que está de perfil, xa que por unha banda din que están de acordo en que se publique este acordo, pero tampouco mostran o seu rexeitamento á actitude dos outros empresarios, ao que non lles afectaría, nin lles vai nin lles vén, este acordo".


ACORDOS DO ANO 2001

Ledo destacou que o que piden que entre en vigor son uns acordos do ano 2001, asinados no seu día por Navantia, sindicatos e empresarios, e que moitas compañías durante a crise e nas etapas de baixa carga de traballo deixaron de cumprir.


Para o vindeiro martes, 11 de setembro, está "programado un novo encontro coa patronal ferrolá". "Imos esixir que todos paguen estes acordos e que forcen aos seus compañeiros para que desbloqueen este situación".


Posteriormente, xa en Santiago, o 18 de setembro prevese facer un encontro entre os sindicatos, comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol, cos empresarios da dirección provincial, coa mediación do Consello Galego de Relacions Laborais. No caso de que o encontro non fose satisfactorio "xa se barallaría a convocatoria dunha folga".


ASEMBLEAS

Por parte da CIG, o seu secretario comarcal de Industria, Vicente Vidal, reclamou aos empresarios "que están a traballar de murallas cara adentro, a que cumpran xa cos acordos".


Avisa que "non poden utilizar como escusa que eles queren pagar os acordos", pero despois "argumentando que non están recollidos en convenio, non o fagan, tal e como é a súa obrigación desde o ano 2001".


Vidal tamén destacou que é importante manter asembleas informativas: "Co conxunto dos traballadores da industria auxiliar, non só coas empresas que teñen delegados, para informalos que estamos dispostos a chegar onde faga falta para conseguir isto".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE