O salario medio en Galicia crece pero a capacidade adquisitiva baixa 0,4%

A capacidade de compra do salario en Galicia perdeu un 0,4% nos últimos dous anos, o que equivale a que un galego, de media, dispoña de 80 euros menos ao ano


|

Tres mulleres compran nunha tenda


A capacidade de compra do salario en Galicia perdeu un 0,4% nos últimos dous anos, o que equivale a que un galego, de media, dispoña de 80 euros menos ao ano, segundo o Monitor Adecco de Oportunidades e Satisfacción.


A remuneración media en Galicia é de 1.483 euros ao mes, o que supón un aumento interanual do 1,9%, o maior salario medio para esta autonomía que rexistran as estatísticas. Con todo, hai unha caída da capacidade adquisitiva.


Para a realización do informe, tómanse en consideración cinco áreas fundamentais na contorna laboral das persoas como son: a remuneración, a seguridade laboral, as oportunidades de emprego e desenvolvemento profesional, a conciliación e a conflitividade laboral.


A puntuación de Galicia neste Monitor é de 5,5 puntos, o que supón unha mellora do 15% interanual, a máis elevada de todas as autonomías. Grazas a esta subida, sitúase na undécima posición do ránking (15ª un ano atrás).


En Galicia hai 64.200 parados de longa duración, un 38,5% do total de desempregados, o que indica un descenso interanual de 4,6 puntos porcentuais. A prestación por desemprego cobre ao 55,9% dos parados galegos, fronte ao 57,7% de media en España.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE