Xa van máis de 100 hectáreas de Parque Natural de O Invernadoiro queimadas entre queixas de falta de medios

A CIG presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo contra a Consellería de Medio Ambiente polo que considera "falta de seguridade" e "incumprimentos en materia de saúde laboral". Entre outras carencias, os axentes forestais carecen de teléfonos móbiles con cobertura.


|

A CIG presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo contra a Consellería de Medio Ambiente polo que considera "falta de seguridade" e "incumprimentos en materia de saúde laboral". Entre outras carencias, os axentes forestais carecen de teléfonos móbiles con cobertura.



Screenshot from 2018 08 24 21 33 09

Foto: Brigada e Helicóptero de Vilamaior

Os dous incendios forestais que están activos desde a tarde do mércores no parque natural de O Invernadoiro, en Vilariño de Conso (Ourense), afectan xa a máis de 100 hectáreas, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural.


Na extinción de ambos os incendios, rexistrados na parroquia de San Mamede de Hedrada, participaron desde o seu inicio o mércores, ao redor das 16,10 horas, un total de 4 técnicos, 30 axentes forestais, 74 brigadas, 32 motobombas, 4 pas, 14 helicópteros e 7 avións.


No incendio de maiores dimensións, que se sitúa nunha zona inaccesible para os servizos de extinción terrestres, é necesaria a intervención con medios aéreos. Afecta, segundo as estimacións de Medio Rural, a unhas 96 hectáreas. O segundo dos incendios, que se iniciou a apenas 500 metros do primeiro, queimou preto de 14 hectáreas.


O xoves, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación enviou un amplo dispositivo de medios aéreos e humanos para apoiar aos efectivos galegos na loita contra estes incendios.

No dispositivo despregado o xoves supuxo a participación de 3 avións anfibios Canadair, de 5.500 litros de descarga, desprazados desde a base de Lavacolla; e un cuarto procedente de Matacán (Salamanca). Tamén un helicóptero Kamov, con capacidade de descarga de auga de 4.500 litros, da base de Ibias (Asturias).


No dispositivo, e co fin de participar nos labores de coordinación, tamén se incluíu un Avión de Comunicacións e Observación, procedente da base de León, e unha Unidade Móbil de Análise e Planificación, desprazada desde a base de Ourense.


Ademais, para complementar desde terra o labor de extinción, traballaron na zona do incendio dúas Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais, procedentes das bases de Laza (Ourense) e Tineo (Asturias). Cada unha delas conta con dous helicópteros biturbina con capacidade de descarga de 1.200 litros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE