Arco Iris denuncia a talla de árbores de máis de 50 anos nos xardíns de Méndez Núñez

Segundo puideron comprobar, polo menos un dos exemplares cortados "estaba situado á beira do Estanque dos Xardíns e contaba cunha idade de máis de 50 anos"


|


Talla ou00e1rbol coruu00f1a arco iris


A asociación ecoloxista Arco Iris pide explicacións polas tallas producidas este mércores nos Xardíns de Méndez Núñez e no Parque de Santa Margarita da Coruña. Segundo explican nun comunicado, un "amplo despregamento" de persoas e vehículos traballarán durante toda a xornada nos xardíns, "pechados por cintas de seguridade". 


Segundo puideron comprobar, polo menos un dos exemplares cortados "estaba situado á beira do Estanque dos Xardíns e contaba cunha idade de máis de 50 anos". Arco Iris expón que a árbore non presentaba ningún signo de podremia ou afectación que xustificase a súa eliminación por razóns fitosanitarias, e explica que tampouco é a época "máis apropiada" para os traballos, xa que as árbores atópanse en plena época de crecemento. 




Así as cousas, a asociación insta ao Concello da Coruña a ofrecer "todo tipo de explicacións" sobre os motivos das tallas das zonas verdes que "sufriron o azoute dunha política arboricida denunciada por moitos cidadáns". Esixen que "se deteñan as tallas de forma inmediata" ata que a Concellería de Medio Ambiente ofreza os detalles minuciosos do plan de mantemento. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE