Autorizado novo parque eólico na Costa da Morte a pesar de críticas veciñais
A Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo denuncia a "catástrofe sen precedentes na comarca de Bergantiños" tras a aprobación da Declaración de Impacto Ambiental do parque éolico no alto da Fernandiña.

Outro parque eólico en Malpica
Este colectivo sinala que "entidades de Cabanas de Bergantiños" denuncian que o alcalde se puxo de lado dos promotores da central e non dos veciños. Así, sinalan que o concello contratou varios informes para apoiar a declaración de impacto ambiental.
Eses informes din que foron realizados pola empresa OGPO, tamén coñecida como Hidrantia, que "casualmente é tamén a titular do contrato de concesión de xestión de auga municipal" e que carecen de "obxectividade".
O Parque está promovido por unha filial de Naturgy e terá tres aéreogeneradores.
Escribe o teu comentario