Morre o actor Ernesto Chao, o mítico Miro Pereira de "Pratos Combinados"

O actor galego Ernesto Chao -Ribadavia (Ourense), 1947- faleceu na mañá deste luns aos 74 anos, segundo informa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).


|

O actor galego Ernesto Chao --Ribadavia (Ourense), 1947-- faleceu na mañá deste luns aos 74 anos, segundo informa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).


Ernesto chao


Cunha ampla traxectoria na escena teatral galega, Chao é lembrado entre outros papeis polo seu personaxe de Miro Pereira, na serie da TVG 'Pratos combinados'.

Uno dos seus últimos papeis foi na serie 'Fariña', onde interpretou ao expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor nunha reunión con contrabandistas en Portugal.

En declaracións a Europa Press, a presidenta da AAAG, Neves Rodríguez, mostrou a súa "desolación" polo falecemento de Chao, anterior presidente desta asociación, a quen define como unha figura "fundamental" para "a progresión das artes escénicas en Galicia".

Así, lamenta que "se vai un alicerce importante", que "estivo na creación de todas as asociacións que buscaron a dignificación dos actores e actrices galegos", pero "por encima de todo" enxálzao como a "un home bo e xeneroso".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE