Sin Rodeos chega a Ponteareas da man do Cine Itinerante de Naturgy

A película proxéctase o xoves 9 de agosto ás 22.00h en Feira Vella, da man de Naturgy e a Fundación Academia de Cine


|

Maribel+Verdu+Barbara+Santa+Cruz+Sen+Rodeos+By2MJJINhcDl

Maribel Verdú (izq.), Santiago Segura e Bárbara Santa-Cruz (dcha.) | Imaxe: Zimbio


O xoves 9 de agosto chega o Ciclo Naturgy de Cine Itinerante Verán 2018 a Ponteareas, coa proxección da comedia de Santiago Segura Sin rodeos. A actriz e unha das protagonistas da película, Bárbara Santa-Cruz presentará o filme en Feira Vella.


O pase comezará ás 22.00h da man de Naturgy, a Fundación Academia de Cine e coa colaboración do Concello de Ponteareas, nunha sesión gratuíta ata completar aforamento. 


Sin rodeos fala da vida de Paz, encarnada por Maribel Verdú, unha muller angustiada e abafada que recorre a un 'sanador' hindú, interpretado por Santiago Segura, que lle ofrece unha poción a base de plantas milenarias para liberar a súa tensión. O público do Cine Itinerante Verano 2018 poderá coñecer as curiosidades e anécdotas da rodaxe con Bárbara Santa-Cruz, Alejandra na película, que colaborou en producións como Amar en tiempos revueltos, 3 bodas de más, Los amantes pasageros e Pagafantas


O ciclo, que fai a súa sétima parada en Ponteareas, leva as longametraxes que marcaron 2017 e os primeiros meses de 2018 a diversos recunchos da xeografía española. Esta é a súa duodécima edición, e alcanzaron xa as 52.000 espectadoras e espectadores por máis de 85 cidades. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE