Eixo Atlántico outorga as súas medallas á cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal

Isabel Prado de Beira, actual presidenta de Adif, e José Albino Silva Peneda, presidente da CCDRN en 1995 e ex-ministro portugués son os galardoados nesta edición


|

Foto Isabel

Isabel Prado de Beira


O Eixo Atlántico acaba de aprobar a concesión das Medallas de Ouro á construción e desenvolvimiento da eurorrexión de 2018. Isabel Prado de Beira, actual presidenta de Adif, e José Albino Silva Peneda, presidente da CCDRN en 1995 e ministro portugués ente 1987 e 1993 son os galardoados nesta edición.


Prado de Beira é a primeira muller que recibe este premio. A enxeñeira de camiños foi directora xeral de Explotación e Construción de Adif ata o seu recente nomeamento como presidenta do organismo. A galardoada destacou como artífice da inclusión da liña A Coruña - Vigo - Ourense  - O Barco - Palencia no Corredor do Atlántico, e na modernización e electrificación da liña Lugo - Ourense. 


SILVA PENEDA Jose Albino

Pola súa banda, o que foi presidente da CCDRN compartindo presidencia da eurorrexión con Manuel Fraga, presidiu tamén ata maio de 2015 o Conselho Económico e Social de Portugal e asesor do presidente da Comisión Europea, Jean Claude Junker. Desde Eixo Atlántico destacan a súa traxectoria pola "defensa dos intereses da rexión norte de Portugal e da cooperación con Galicia".



As Medallas de Ouro do Eixo constitúen, segundo Eixo Atlántico, "o galardón de maior relevancia e prestixio no ámbito eurorregional co que recoñecer a aquelas persoas ou institucións que máis se implican e achegan á construción da eurorrexión e ao desenvolvimiento da cooperación entre Galicia e o norte de Portugal". Os premios entregaranse o próximo mes de febreiro, coincidindo coa celebración da Asemblea Xeral de Ou Eixo no Barco de Valdeorras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE