UUAA esixe á Xunta que non abandone aos concellos na loita contra a Velutina
"Trátase dun problema global de Galicia no que teñen competencia clara as consellerías", manifestan desde o UUAA
Unións Agrarias reclama á Xunta que lidere a loita contra a avespa Velutina en Galicia. O sindicato insta as Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural a tomar medidas ante unha praga que "ameaza con ser letal para o sector apícola e de alto risco para as persoas".
"Trátase dun problema global de Galicia no que teñen competencia clara as consellerías", manifestan desde o UUAA. Critican así ao Goberno autonómico por "deixar o control" da praga na capacidade dos concellos, "porque non dispoñen de medios" e "os que lle mandan desde a Xunta son irrisorios", nin de "persoal con formación específica".
Desde o sindicato destacan que "se a extensión da Velutina non foi peor" foi grazas á colaboración da sociedade civil, con mención especial a apicultoras e apicultores e ás súas asociacións, "que tiveron que loitar en solitario" sen máis recursos e formación "que a propia".
Doutra banda, expoñen que "moitos dos feridos" da avespa foron consecuencia da realización de limpeza de maleza "obrigados a facer a fume de carozo" pola nova normativa da Administración galega. Con todo, esixen á Xunta que ante a falta de unha "solución científica clara" fagan un "esforzo de xestión" sobre o terreo.
Escribe o teu comentario