O persoal do servizo de lixo e limpeza de Vigo chega a un preacordo coa empresa

O persoal de FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e de praias no Concello de Vigo, desistiu da folga indefinida que tiña previsto iniciar o próximo día 13, despois de que o comité de empresa alcanzase un preacordo coa empresa, que foi ratificado por unanimidade este luns en asemblea de traballadores.

|

Comite lixos vigo cig uso ccoo

Representantes sindicais 


O persoal de limpeza do Concello de Vigo non irá á folga o próximo día 13 tras un preacordo entre o comité de empresa  e a compañía FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e de praias. As traballadoras e traballadores ratificaron por unanimidade a oferta este luns en asemblea de traballadores.


Segundo informou o sindicato USO, membro do comité xunto a CIG e CC.OO., o novo acordo ten unha duración de catro anos, contempla unha subida salarial anual os dous primeiros anos do 2% (máis unha clausula de revisión baseada no que o IPC suba por encima do 1,5%), e do 3% para os outros dous anos.


Ademais, establece outros permisos retribuídos, como a inclusión de 15 días polo falecemento dun fillo, ou "melloras" doutros permisos xa contemplados.


Con iso, ven respondidas algunhas das súas reivindicacións, e mellorada a proposta anterior da empresa, a partir da que se enquistaron as negociacións, ao entender que con ela pretendían "recortar algúns" dos seus dereitos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE