Feijóo non será candidato á sucesión de Rajoy
Sorpresa maiúscula. A pesar de ser o favorito de todas as quinielas e do aparello, o presidente da Xunta de Galicia anunciou esta tarde que non se presentará á sucesión de Mariano Rajoy. Alberto Nuñez Feijóo leva semanas meditando a súa candidatura a pesar das voces, do PP estatal e do PP galego, que en privado animaban ao mandatario dar un paso adiante.
Sorpresa maiúscula. A pesar de ser o favorito de todas as quinielas e do aparello, o presidente da Xunta de Galicia anunciou esta tarde que non se presentará á sucesión de Mariano Rajoy. Alberto Nuñez Feijóo leva semanas meditando a súa candidatura a pesar das voces, do PP estatal e do PP galego, que en privado animaban ao mandatario a dar xa un paso adiante.
Feijóo nun acto da Xunta
Finalmente, o dos Peares fixo publica a súa decisión nunha reunión da directiva conservadora a convocada horas antes, este mesmo luns á primeira hora da tarde. Centos de cargos do PPdeG, aproximadamente uns 700, acudiron á chamada de última hora. Os catro presidentes provinciais estaban presentes.
NINGUÉN RECOÑECEU SABER A DECISIÓN ANTES DO DISCURSO
"Vai acertar no que nos anuncie hoxe", dixo á entrada Manuel Baltar, o ourensán único barón popular non en liña completamente co rumbo que marca Feijóo no PPdeG. Ningún mandatario recoñeceu saber que ía dicir o seu presidente, que gardou o seu segredo ata o final.
No seu discurso, Feijóo argumentou que nunca pretendeu interferir no seu traballo da Xunta, por iso non desvelou a súa decisión nun acto do Goberno. O dos Peares, iso si, non se vai a borrar do debate sobre o futuro do PP español: destacou que "libremente imos decidir o futuro do noso partido" para seguir sendo "o primeiro partido de España".
UN FEIJÓO EMOCIONADO DI QUE PARA EL GALICIA É O MÁXIMO
"Quero en primeiro lugar agradecer ás persoas que nas últimas horas fixéronme chegar o seu afecto" dixo antes de anunciar, visiblemente emocionado, entre aplusos dos seus compañeiros, que "o meu único pacto foi cos galegos porque unha maioría de cidadáns, de mulleres e homes galegos así o decidiu". "Para min ser presidente de Galicia é a maior das miñas ambicións políticas", concluíu.
Feijóo anunciando que queda en Galicia / TVG
O mandatario presumiu de coherencia fronte a Pedro Sánchez. Alertou dunha posible reforma da Constitución e prometeu que en ela "Galicia non vai estar ausente, non se vai quedar calada e eu vou defender os intereses de Galicia e os intereses constitucionais, que son a igualdade de todos os españois e os dereitos de todos os galegos".
No medio dunha pechada ovación dos seus mandatarios prometeu pelexar polos intereses galegos en España e criticou que o debate político estatal, que na súa opinión debe ir máis aló da "ponte aérea Madrid - Barcelona".
CARREIRA ABERTA NO PP
Pablo Casado, portavoz do PP estatal, confirmou que se presentará. En todo caso, Casado deixou a porta aberta a unha posible integración. García Margallo, o ex-ministro de Exteriores, é outro candidato coñecido entre os nomes importantes por agora. O "non" de Feijóo pode desatar unha tormenta no PP estatal. A pesar de que ningunha confirmou a súa candidatura, a pugna entre Santamaría e Cospedal para liderar o PP arrinca nas redes.
O Congreso extraordinario do PP estatal será o 20 e 21 de xullo.
Escribe o teu comentario