Feijóo desvelará o seu futuro político esta tarde ante a xunta directiva do PPdeG

Os conselleiros de Economía e Industria, Francisco Conde, e de Cultura e Educación, Román Rodríguez, modificaron as súas respectivas axendas de tarde para poder asistir á convocatoria da xunta directiva do PP galego na que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvelará o seu futuro.

|

Feijóo no último acto público como presidente antes de retomar a axenda


Despois de varias semanas de especulacións e quinielas, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvelará esta tarde se se presenta como candidato a liderar o Partido Popular estatal. O popular fará o anuncio ante a súa xunta directiva en un acto convocado no Hotel Palacio do Carmen ás 20,00 horas deste luns. 


Pola súa banda, os conselleiros de Economía e Industria, Francisco Conde, e de Cultura e Educación, Román Rodríguez, modificaron as súas respectivas axendas de tarde para poder asistir á convocatoria.


Aínda que a maioría dos conselleiros do Goberno de Feijóo xa mantiñan as súas axendas despexadas para a tarde deste luns, Conde e Román Rodríguez tiñan senllos compromisos ás 19,00 horas, polo que tiveron que modificar as súas previsións ante a convocatoria do mandatario autonómico do máximo órgano de dirección do partido, do que tamén forman parte o resto do Consello.


Así, o director de Igape, Juan Civianes, substituirá a Francisco Conde na entrega de galardóns do II Premio Ría de Arousa, organizado por AJE Pontevedra e que terá lugar ás 19,00 horas na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.


Pola súa banda, o conselleiro de Cultura acudirá ás 19,00 horas á gala de inauguración de 'Conecta fiction 2018', no Auditorio Abanca de Santiago, pero, a pesar de que tiña previsto intervir ao final do acto, farao ao principio para logo acudir ao acto convocado por Feijóo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE