O creador da Panorama enfróntase a 35 anos de prisión

O alma mater das orquestras máis famosas de Galicia -como a Panorama, París de Noia ou Combo Dominicano- continúa o seu viacrucis xudicial, a pesar de saír absolto nun preito recentemente. O seu avoga espera que os fallos formais dos investigadores en garantir a integridade das probas sexan suficentes para lograr outra absolución nun novo juício que empeza este mes.


|


Declaración de Lito, Anxo Martínez Pérez

O alma mater das orquestras máis famosas de Galicia -como a Panorama, París de Noia ou Combo Dominicano- continúa o seu viacrucis xudicial, a pesar de saír absolto nun preito recentemente. O seu avoga espera que os fallos formais dos investigadores en garantir a integridade das probas sexan suficentes para lograr outra absolución nun novo juício que empeza este mes.  


O maior empresario de espectáculos de orquestras de Galicia, Ángel M.P., máis coñecido como 'Lito', volverá sentar no banco dos acusados para partir do 22 de maio na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra por catro supostos delitos contra a Facenda Pública. Enfróntase a multas millonarias e a varias penas polos delitos supostamente cometidos de fraude fiscal, un deles agravado porque supera os 600.000 euros, que sumarían 35 anos de cárcere. 


ABSOLTO NUN JUÍCIO ESTE ANO

Dáse a circunstancia de que Anxo M.P. foi recentemente absolto polo Xulgado do penal número 1 de Pontevedra de dous delitos contra a Facenda Pública ao quedar anulados os rexistros practicados por funcionarios da Axencia Tributaria. A este respecto, o seu avogado, Carlos Seoane (CCS Avogados), augurou "efecto dominó" no resto de xuízos que ten pendente o seu cliente, un deles o sinalado para a próxima semana en Pontevedra.


No seu fallo, o Xulgado do penal número 1 de Pontevedra sinalou que os funcionarios deberon ser "máis cautos á hora de identificar, clasificar, recoller e discriminar a documentación para intervir". Por iso, acabou anulando os rexistros e o procedemento resolveuse de forma absolutoria, camiño que a defensa de 'Lito' espera que sigan o resto de xuízos pendentes.


No marco do xuízo que ten pendente a semana que vén, a Fiscalía sinala que o investigado é o "artífice e responsable" da creación do Grupo Lito, un conxunto de empresas cunha facturación anual aproximada de 25 millóns de euros que opera no sector das actividades de produción musical e representación artística.


O escrito recolle supostas defraudacións nas declaracións da renda, pago de IVE e retencións sobre os rendementos do traballo nos anos 2009, 2010, 2011 e 2012, un dos cales é un delito agravado dado o valor da defraudación, que Fiscalía sinala que supera os 600.000 euros.


PETICIÓNS DE PENAS

Así, pide tres anos e seis meses de prisión por cada un dos delitos tributarios polo imposto sobre a renda dos anos 2009, 2010 e 2012. En total, son nove anos e 18 meses de prisión e 3,8 millóns de euros de multa en total.


Por cada un dos delitos tributarios por irregularidades no pago de IVE, Fiscalía pide catro de anos de prisión, o que suman en total 8 anos de prisión e multa total de 3,6 millóns de euros.


En canto aos delitos tributarios polas retencións sobre os rendementos do traballo persoal, o Ministerio Público solicita dous anos e tres meses por cada un deles, o que suma seis anos e nove meses e unha pena de 1,34 millóns de euros.


CASE CINCO MILLÓNS DE INDEMNIZACIÓN

Finalmente, Fiscalía pide cinco anos de prisión por cada un dos delitos agravados contra a Facenda Pública, o que suma 10 anos de cárcere e unha multa de 4,2 millóns de euros.


En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía reclama 4,45 millóns de euros de indemnizacións á Facenda Pública estatal, cos intereses previstos na lei para a suposta falta de pagamento ou atraso no abono da débeda tributaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE