PSdeG reclama un "cambio notable" na xestión do sistema sanitario galego

Leiceaga acusou o Partido Popuar de "persistir no erro" do seu "acomodamento" ante unha deterioración da atención sanitaria "como consecuencia do axuste contable que sitúa ao sistema no límite do seu nivel de resistencia".


|

Leiceaga 4


O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou un "cambio notable" na xestión do sistema sanitario galego, avogando por máis persoal e máis estabilidade laboral. 


Leiceaga acusou o Partido Popular de "persistir no erro" do seu "acomodamento" ante unha deterioración da atención sanitaria "como consecuencia do axuste contable que sitúa ao sistema no límite do seu nivel de resistencia". 


O cambio que propoñen as socialistas pasa por fortalecer o sistema coa contratación de 1000 profesisonales sanitarios máis cada ano "para reforzar principalmente os puntos críticos do sistema". Segundo o portavoz, esta medida podería reducir "o nivel de precarización da sanidade pública".


Ademais, Leiceaga aproveitou a súa intervención para tachar de "inaceptables" as listas de espera da sanidade pública, e advertiu de que as esperas excesivas están a producir efectos "perversos" como o "incremento moi notable no consumo de opiáceos nos últimos dous anos". O socialista falou de pacientes que "cando teñen que esperar con malestar agudo durante demasiado tempo nas listas de espera optan por substancias que mitigan a súa dor pero provocan problemas sociais engadidos". 


Xoaquín Fernández Leiceaga instou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer no Parlamento para "aclarar as discrepancias" entre as súas declaracións no momento da fusión das caixas galegas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE