Xa están aquí os incendios forestais
Uns poucos días de bo tempo e volven os incendios forestais a Galicia. Esta semana xa arderon case 80 hectáreas en Guntín e Vila de Cruces, en dous incendios que a Xunta declara extinguidos á primeira hora da mañá do martes.

Incendio en Vila de Cruces / Brigada de Marroxo Twitter
Así, o incendio de Ferreira de Pallares, en Guntín (Lugo) afectou, segundo o Goberno, a 49,4 hectáreas, 12 de monte arborado e 37,4 de raso. A Xunta deu por controlado o lume rexistrado en Guntín sobre as 21,45 horas. O incendio iniciouse ás 15,51 horas na parroquia de Ferreira de Pallares e na súa extinción traballaron dous helicópteros, tres motobombas, seis brigadas e tres axentes.
O de Toiriz en Vila de Cruces queimou unha superficie de 30 hectáreas de monte arborizado. Este lume comezou ás 18,39 horas e pasou gran parte da noite sen control. Nos traballos de extinción participaron polo menos catro helicópteros, catro motobombas, 10 brigadas, unha pa e tres axentes.
Escribe o teu comentario