Retómase a actividade cirúrxica no Álvaro Cunqueiro despois de detectar contedores contaminados

O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo retomará este luns a actividade cirúrxica en horario de tarde en dúas dos tres quirófanos que habitualmente estaban programados, segundo informou este venres a Consellería de Sanidade.

|

Quirofanohibridocunqueiro


Este luns o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo retoma a actividade cirúrxica en horario de tarde, logo de que o Meixoeiro renovase tamén a súa actividade cirúrxica vespertina. O Cunqueiro utilizará dous dos tres quirófanos que habitualmente estaban programados. 


Así informou este venres a Consellería de Sanidade tras informar de que xa está normalizada a situación xerada pola contaminación dos contedores que transportan o material que se emprega en quirófano do CHUVI.


Sanidade apunta nun comunicado que os informes técnicos elaborados polas empresas provedoras "conclúen que o proceso de oxidación acelerado do aluminio dos contedores produciuse por unha combinación de factores químicos e de temperatura".

Entre estes factores atópase a tipoloxía e concentración dos deterxentes usados no lavado, a tipoloxía de auga utilizada, o 'humectante ou desincrustante' ou os aceleradores de secado, polo que, segundo a Xunta, confírmase o primeiro diagnóstico realizado polo servizo de Medicina Preventiva.

Deste xeito, Sanidade apunta que, desde o momento en que foi detectada esta situación, procedeuse á reconfiguración dos parámetros seguidos para evitar que volvan producirse, o que se controlará mediante "unha monitoraxe permanente do proceso".

Así as cousas, 300 contedores avaliados como os máis afectados foron retirados de forma provisional e serán sometidos a un proceso de "recuperación" por parte da empresa fabricante. O resto foron tratados para eliminar a contaminación e, a maiores, a Xunta adquiriu 218 cubetas novas.

OPERACIÓNS
Segundo a Xunta, unha vez retómense as intervencións de tarde no Cunqueiro, o CHUVI "xa realiza a práctica totalidade das intervencións extraordinarias", xa que levarán a cabo cirurxías en sete dos oito quirófanos diarios vespertinos.

Deste xeito, esta semana están programadas 591 intervencións cirúrxicas en xornada de mañá e tarde, 393 no Meixoeiro e 198 no Cunqueiro.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE