Cambio no investimento de Arabia Saudita na eólica galega

A madrileña Capital Energy é un dos principais novos operadores do sector eólico galego. O é, entre outros factores, grazas ao acordo estratéxico que ten con Alfanar Group. Os petrodólares dunha das principais empresas de Arabia Saudita financian a súa expansión no sector das enerxías renovables.


|

A madrileña Capital Energy é un dos principais novos operadores do sector eólico galego, entre outros factores, grazas ao acordo estratéxico que ten con Alfanar Group. Os petrodólares dunha das principais empresas de Arabia Saudita financian a súa expansión no sector das enerxías renovables. 


Dentro desa expansión, Capital Energy -a través da súa filial Green Capital Energy- pretendía construír un parque eólico en Ordes, concretamente en Ardemil. 



Alfanar

	Dirixentes de Alfanar cun membro da familia real saudita nunha feira comercial


O proxecto desatou unha importante protesta veciñal. Por exemplo, un grupo de veciños acudiu ao pleno deste sábado para protestar queixándose de falta de información e do impacto ambiental que tería o parque e as liñas de alta tensión. Denunciaban tamén a proximidade dos aeroxeradores ás súas casas e ao Camiño de Santiago, na súa vía do Camiño Inglés. 


Hoxe o alcalde de Ordes adianta na prensa local que a empresa renunciou ao parque de Ardemil, segundo comunicoulle oficialmente a empresa, dirixida por Jesús Martín Buezas, xenro de Florentino Pérez, o construtor presidente do Real Madrid.


Isto non quere dicir que Capital Energy abandone os seus proxectos eólicos en Galicia, nin moito menos.  Ao amparo da nova e polémica Lei de Iniciativas Empresariais, solicitou oito parques no país. Polo menos un, denominado Monte Inxerio tamén está na comarca de Ordes.


Capital Energy fíxose con 720 megawatios dos máis de 5.000 repartidos en xullo polo Estado na poxa das renovables. Para levalos adiante, contan conla financiamento de Alfanar Group, unha das principais empresas de Oriente Medio en obra civil e petroquímicaAlfanar é tamén un dos grandes contratistas do Estado saudita, que agora tenta diversificar a súa carteira entrando nas renovables europeas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE