Máis de 80 admitidas nas listas temporais de especialista en medicina familiar e comunitaria
A categoría de enfermería epecialista no Servizo Galego de Saúde foi creada coa aprobación do Decreto 81/2016 do 23 de xuño.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este martes 17 as primeiras listas de selección temporal da categoría de enfermería especialista en enfermería familiar e comunitaria. Un total de 87 inscricións resultaron admitidas, e xa figuran no Diario Oficial de Galicia (DOG) xunto coa relación e a puntuación definitiva obtida polas aspirantes.
As listas definitivas da categoría de enfermería especialista, creada coa aprobación do Decreto 81/2016 do 23 de xuño, están publicadas na web do Sergas no apartado de Emprego Público - Listaxes e entrarán en vigor o dia mércores 18 de abril.
Proximamente publicaranse as listas definitivas e aspirantes á formalización de nomeamentos estatutarios temprales da categoría de especialista en enfermería pediátrica.
Escribe o teu comentario