200 denuncias por exceso de velocidade no dispositivo de vixilancia do Rally de Noia

A Agrupación de Tráfico da Guardia Civil confeccionou case 300 denuncias no marco do dispositivo de vixilancia no Rally de Noia, das cales 200 foron por exceso de velocidade e unhas 10 por condutores que consumiron alcol ou drogas. 




|

Dispositivo de vixilancia da Garda Civil con motivo do Rally de Noia.


Esta fin de semana celebrouse a 34ª edición do Rally de Noia, cunha gran asistencia. A carreira, que contou con 58 persoas das distintas unidades do sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia, saldouse con preto de 300 denuncias no marco do dispositivo de vixilancia do Rally. Delas, 200 corresponden a excesos de velociad e ao redor 10 a consumo de alcol ou drogas ao volante. 


As mesmas fontes indicaron que se suspendeu o tramo 'Star' da tarde, por "non cumprirse as condicións de seguridade necesarias para o desenvolvemento de dita proba sen perigo para participantes e asistentes", ao acumularse "tal cantidade de espectadores a organización non puido asegurar a súa seguridade".

Ademais, a Benemérita concretou que grazas a este dispositivo "investígase ao condutor dunha motocicleta sobre o que pesaba unha orde xudicial de perda de vixencia do seu permiso de condución" e que dita motocicleta non dispoñía do correspondente seguro obrigatorio, "a pesar de que inicialmente fixo caso omiso dos acenos de alto dos axentes, fóiselle canalizando ata unha vía sen saída na que ao final se puido deter", puntualiza.

Con todo, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia advirte de que o "exceso de velocidade, o consumo de alcol e as drogas, adoitan levar aparellas terribles consecuencias". "O tránsito seguro polas vías públicas non debe estar rifado co gozar e o lecer", engade.


A CARREIRA

Doutra banda, o piloto coruñés Iago Caamaño Figueira alzouse co primeiro posto do Rally, seguido de Víctor Senra, natural de Dumbría. Desde Gondomar, Alberto Meira quedou en terceiro lugar na competición.



relacionada 22 pilotos do Rallye San Froilán, cazados 'de tramo' en estradas abertas
relacionada Campaña de control de velocidade en estradas convencionais e vías urbanas a partir de hoxe​

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE