Terceiro pequeno terremoto en Galicia nos últimos días

Na madrugada deste luns rexistrouse un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia, despois de que o sábado houbese outros dous de menor magnitude en Guntín (Lugo) e O Carballiño (Ourense).


|

Terremoto no Atlántico frete a Galicia


Na madrugada deste luns rexistrouse un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia, despois de que o sábado houbese outros dous de menor magnitude en Guntín (Lugo) e O Carballiño (Ourense).

Segundo os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 3,19 horas deste luns rexistrouse un terremoto de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico a 38 quilómetros de profundidade.

Ademais, en Galicia o pasado sábado 14 de abril ás 1,04 horas houbo un sismo de 2,3 graos na escala de Richter no termo municipal lucense de Guntín.

Mentres, ás 13,59 horas do sábado 14 de abril rexistrouse outro terremoto de 2,1 graos na escala de Richter no municipio ourensán de O Carballiño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE