As Brigantias Roller Derby buscan unha nova victoria en casa
As galegas xogan este sábado 14 de abril ás 18.00h no polideportivo de Elviña I da Coruña. A entrada é libre e gratuíta.
As Brigantias SD contra Black Thunders | Imaxe: As Brigantias Roller Derby
As Brigantias Roller Derby, liga aprendiz da Asociación Feminina de Roller Derby en Pista Plana --WFTDA polas súas siglas en inglés-, buscan unh nova victoria na casa contra o equipo B de Roller Derby Madrid, full member da WFTDA, este sábado 14 de abril ás 18.00h no polideportivo de Elviña I da Coruña. A entrada é libre e gratuíta.
As locais, que entraron hai apenas dous meses como liga aprendiz da Asociación, xogarán o seu sétimo partido dunha tempada "profusa en resultados e que xa acomete a súa recta final", segundo o equipo. Para elas "será clave impoñer o seu ritmo de xogo, liderar o máximo de Jams -cada unha das carreiras nas que se dividen os dous tempos de xogo- e ofertar unha estratexia superior" para que o marcador estea do seu lado.
O roller derby é un deporte de contacto cuxa orixe se sitúa en Estados Unidos nos anos 30. Na actualidade é un deporte internacional, predominantemente feminino. A WFTDA conta con máis de 400 ligas e ligas aprendices en todos os continentes. As Brigantias RD, nacidas en 2012 na cidade herculina, son unha das ligas pioneiras deste deporte sobre patíns dentro da comunidade.
Escribe o teu comentario