A Assembleia Nacional Galega pide á comunidade internacional que actúe en Cataluña
A Assembleia Nacional Galega, un grupo "galeguista e independente" inspirado por Ómnium Cultural, solidarízase coa situación dos dirixentes cataláns "represaliados" e coas súas familias e pide ás estado "solucións políticas".

A través dun comunicado de prensa, esta asociación expresa o seu apoio ao "presidente lexítimo" Carles Puigdemont, así como ao resto de "exiliados" e presos.
O colectivo recalca que defende "o dereito de autodeterminación dos pobos" e lembra que estes dirixentes "foron elixidos pola cidadanía catalá" para "levar a cabo un referendo que reflectise a súa vontade".
"Ante a imposibilidade de abrir un diálogo frutífero e directo co estado, os cataláns decidiran liberarse da opresión á cal senten estar sometidos", opina.
Neste escenario, considera que "os problemas políticos desta índole só poden ser solucionados con respostas políticas e non a través do recurso á forza bruta por medio da judicialización do conflito, as ameazas, a intimidación e a represión sistemática". "Non hai democracia sen diálogo político", conclúe, sinalando que "a comunidade internacional vai ter que interceder, deixando ao carón a súa pasividade".
Escribe o teu comentario