​Aparatoso accidente do alcalde de Baiona

Ángel Rodal, alcalde, e Maria del Carmen Paredes, concelleira de Igualdade, e varios ocupantes do vehículo no que viaxaban sufriron un aparatoso accidente á altura de Leiría (Portugal) no que se viron implicados 7 vehículos. Polo menos un dos vehículos afectados envorcou. O sinistro sucedeu esta mañá cando se dirixía aos actos oficiais que terían lugar durante este fin de semana en Palos de la Frontera (Huelva), pobo hermanado coa Real Vila de Baiona.

|

Imaxe Accidente

Segundo informa o Concello, a pesar do aparatoso do accidente ningún dos ocupantes sufriu danos graves, “excepto Mari Carmen Paredes que posiblemente teña unha fractura de boneca segundo información directa do Alcalde Ángel Rodal que en todo momento está a acompañar á súa compañeira nestas horas tan angustiosas”.

Rodal vese obrigado a cancelar a súa intervención no acto de Palos de la Frontera, regresando de inmediato coa súa compañeira para que poidan seguir atendéndoa xa en España. O alcalde quere agradecer “todas as chamadas e mensaxes que está a recibir de afecto e de agarimo nestes momentos”.

En todo caso, tamén viaxan á localidade irmá para actuar na XVIII Feira do Descubrimento o Grupo de Gaitas A Seneira e a Escola de Danza Vila de Baiona.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE