O celtismo celebra a apertura da súa nova sede coa música de Roi e Cepeda

O espectáculo, a música e o espírito do Celta invadirán as rúas do centro de Vigo desde o mediodía deste sábado 17 de marzo


|


Cepeda roi


O RC Celta celebra a apertura da súa nova sede céltica, localizada na Rúa do Príncipe, ao grande, e recorre a dous galegos protagonistas dun dos fenómenos televisivos máis potentes dos últimos anos. Roi Méndez e Luís Cepeda, cantantes da última edición de Operación Triunfo, serán os cabezas de cartel da festiva xornada que espera á afección este sábado 17 de marzo.


O espectáculo, a música e o celtismo invadirán as rúas do centro de Vigo xa desde o mediodía, coas actuacións de Sarunas Pupelis Street Band, Behive, Barafunda e Nelson Quinteiro Producións.


Unha vez a festa e a celebración céltica impregne á cidade olívica de arriba abaixo, ás 18.00 horas terá lugar unha concentración fronte ao museo do MARCO, onde se repartirán bufandas conmemorativas para despois desprazarse unha hora máis tarde ao exterior da nova sede do Celta.


Celta sede

Fonte: RC Celta.


Sobre as 19.00 horas chegará o máis esperado da xornada, o evento musical presentado polo actor Javier Veiga e que dispoñerá da participación dos xogadores do equipo e da canteira. A música virá da man de Roi e Cepeda, os cantantes de OT que abren o cartel da festividade, e acompañaranlles de grandes artistas galegos: a viguesa Wöiza, Xosé Manuel Budiño, Miguel Costas e, como peche do evento, o ritmo de DJ Lagartija.


Por último, o Celta sortea  a través de Twitter doce invitacións dobres para un acústico no Salón Rexio da Sede do club protagonizado por Roi, Cepeda e Miriam de OT. O sorteo vai destinado aos seus abonados, que deben responder que supón a nova sede e "a chegada do club ao corazón de Vigo".

relacionada Campións do mundo de patinaxe artística en gala solidaria coas enfermidades raras
relacionada ​“As licenzas de fútbol feminino triplicáronse, pero aínda non podes vivir de el”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE