Para o PP galego "a folga de mulleres é o máis machista que se pode facer"

Os conservadores galegos mostran divisións ao fío da chamada "folga feminista". Mentres o PP de Ourense de Manuel Baltar apoia a mobilización, o PP a nivel galego a cualifica de "machista". Son palabras do seu número 3 este sábado, nunha reunión na que tamén dixo que ser das súas mocidades, Novas Xeracións, é "case revolucionario".


|

Os conservadores galegos mostran divisións ao fío da chamada "folga feminista". Mentres o PP de Ourense de Manuel Baltar apoia a mobilización, o PP a nivel galego a cualifica de "machista". Son palabras do seu número 3 este sábado, nunha reunión na que tamén dixo que ser das súas mocidades, Novas Xeracións, é "case revolucionario".


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reiterou o rexeitamento dos populares galegos a secundar a folga feminista do 8 de marzo. "A folga de mulleres é o máis machista que se pode facer", aseverou.


Miguel Tellado (PPdeG), en rolda de prensa


Tellado, que participou este sábado en unha reunión da executiva de Novas Xeracións (NN.XX.), xustificou este argumento porque entende que convocar realizar paros exclusivamente ás mulleres é "desviar o tiro" da loita pola igualdade entre sexos.

"Temos que involucrarnos todos", remarcou, para logo incidir en que a folga "non é a medida" adecuada para combater a desigualdade porque reduce a problemática a "unha guerra de sexos".


O PP NON ADMITE LECCIÓNS DE FEMINISMO

Deste xeito, avanzou que o PPdeG organizará un acto na Coruña o 8 de marzo para con motivo do Día da Muller Traballadora. Neste sentido, Tellado pediu que "non se utilicen" os días conmemorativos "con fins políticos".

"Non estamos dispostos a que nos dean leccións formacións que se enchen a boca con eslóganes e cando estiveron nas institucións non fixeron nada", remarcou Tellado.

Nesta liña, incidiu que o PP traballa "para levar a igualdade real do plano teórico ao efectivo", para logo sinalar que a fenda  salarial entre homes e mulleres é "máis baixa" en Galicia que no conxunto estatal, que á súa vez, ten unha media neste ámbito tamén máis baixa que a UE. 


SER DE NOVAS XERACIÓNS É "CASE REVOLUCIONARIO"


Por outra banda a xunta directiva do PPdeG incorporou a 15 membros da súa organización xuvenil, Novas Xeracións (NN.XX.), co obxectivo de "renovar" o partido. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, resaltou que apostar por un proxecto "centrista, serio e reformista" como o do PP "é un postulado case revolucionario" nunha época na que "o populismo quere ser moda".


Novas Xeracións e Miguel Tellado


Tellado presidiu, xunto ao líder de NN.XX., Adrián Pardo; a reunión da executiva da formación xuvenil dos populares galegos, que acordou os 15 nomes que pasarán a formar parte do máximo órgano de dirección entre congresos do PPdeG.

Segundo Pardo, os elixidos son "un fiel reflexo" da mocidade galega e representan á Galicia "urbana, rural e da vilas medias". "Mentres outros partidos só utilizan aos mozos para suxeitar pancartas en manifestacións, o noso demostra que aposta por eles", remarcou Pardo.

Pola súa banda, Miguel Tellado destacou a "valentía" dos que optan por un proxecto como o dos populares nun momento no que "algúns queren dicir que ser novo é incompatible con ser do PP". "Somos o partido máis votado tamén entre os máis novos porque a nosa mocidade é a que máis se parece á galega", reivindicou Tellado, que sinalou que "a renovación é unha das claves do éxito" do seu partido. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE