​Firma de moda busca voluntarios para crear unha devasa natural e reforestar Galicia

A reforestación, que comezou o pasado 15 de febreiro no Concello de Vilaboa (Pontevedra), promove a plantación de máis de 2.000 novos carballos e castaños para crear unha devasa natural de especies autóctonas.


|

O sábado 3 de marzo a empresa española de moda One Oak anuncia que concluirá a campaña de reforestación que desenvolve en Galicia, ideada para contrarrestar os efectos dos devastadores incendios do pasado outono.



Queimados cinzas incendios


Aberta aos voluntarios que se animen a colaborar, a xornada estará dedicada a terminar de plantar as árbores logradas grazas ás vendas dos seus complementos de madeira durante o pasado Nadal. A reforestación, que comezou o pasado 15 de febreiro no Concello de Vilaboa (Pontevedra), desenvolve a plantación de máis de 2.000 novos carballos e castiñeiros para crear unha devasa natural de especies autóctonas.


“Tan só fai falta unha aixada terminada en pico, auga para manterse hidratados e moitas ganas de pasar un bo intre ”, explica Carlos Iñiguez, CEO da compañía, quen promete recibir persoalmente a todas as persoas que se apunten a participar. A organización asegura que os asistentes “poderán optar a produtos da marca”.


A firma asegura que normalmente fai labores deste tipo no Amazonas peruano, pero que se decantou esta vez por Galicia tras a enorme magnitude dos incendios que arrasaron os montes galegos en outubro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE