Condenado por prevaricación o ex-alcalde de Ourense

Acaba de publicarse a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense referida ao coñecido caso das asistencias técnicas. A Xustiza condena a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por un delito de prevaricación administrativa a Francisco Rodríguez Fernández (alcalde do PSdeGe n o momento dos feitos) e a outros tres concelleiros e cargos do concello ourensán.


|

Acaba de publicarse a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense referida ao coñecido caso das asistencias técnicas. A Xustiza condena a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por un delito de prevaricación administrativa a Francisco Rodríguez Fernández (alcalde do PSdeG no momento dos feitos) e a outros tres concelleiros e cargos do concello ourensáns.



Xulgados Ourense1


Así tamén condena a Áurea Elena Soto Vázquez (edil no momento dos feitos), Xosé Fernando Varela Parada (tamén concelleiro) e Xosé Carballido Presas (director xeral de rehabilitación). 


A inhabilitación "comprenderá os cargos de alcalde e concelleiro ou calquera outro de natureza electiva e ámbito local que implique participación no goberno municipal, coa incapacidade para obter outros análogos no ámbito autonómico ou estatal durante o tempo da condena".


A maxistrada absolve a Iolanda Pérez Docampo (ex-concelleira do BNG e logo e ex-voceira local de ANOVA) e Xosé Somoza Medina (ex-concelleira e ex-voceira local de BNG). Ambos dimitiran no seu día.


O caso, que comezou o seu periplo xudicial en 2104, iniciouse por a contratación de persoal para o servizo municipal de rehabilitación mediante asistencias técnicas externas, a pesar dos reparos do interventor municipal.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE