Que pasa coas prazas para visitar as Illas Cíes?

Malas noticias para os que queren visitar as Cíes en Semana Santa. Adiamento do sorteo que ía determinar que navieras podían levar pasaxeiros ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O novo sistema estréase con atraso, despois da gran polémica deste verán debido ás sancións impostas por exceso de cota.


|

Illas Cíes


Malas noticias para os que queren visitar as Cíes en Semana Santa. Adiamento do sorteo que ía determinar que navieras podían levar pasaxeiros ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. Haberá que esperar, polo menos, unha semana máis. O novo sistema estréase con atraso, despois da gran polémica deste verán debido ás sancións impostas por exceso de cota.


Segundo revelan as propias empresas, a Consellería aprazou o sorteo de horarios ás illas Cíes ante as demandas de maior información das navieras. As navieras que realizan o transporte ás Illas Cíes, en Vigo, denunciaron que a Xunta que as supostas 2.000 prazas diarias a sorteo non eran tal. "Durante os últimos anos a Xunta dispuxo 200 prazas diarias de acceso que xestionou a dedo, á marxe do sistema central de reservas", desvelaron. 

O xoves, as navieras que realizan o transporte de pasaxeiros ás illas Cíes asistiron en Santiago a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia. "Atendendo ás demandas das navieras, a Administración autonómica ha accedido a escoitar as súas propostas e abrir unha vía de diálogo co obxectivo de ofrecer máis información", apuntan.

A Xunta decidiu aprazar o sorteo de horarios a Cíes, previsto inicialmente para este venres 23. En principio, o adiamento será dunha semana, aínda que a Xunta non o confirmou oficialmente. O malestar das navieras co departamento que dirixe Beatriz Mato é evidente. Pregúntanse tamén que pasa coas prazas para grupos organizados e campistas.



relacionada Novo sistema para as visitas ás Illas Cíes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE