Rompe a negociación da folga na Xustiza

Os sindicatos do sector xudicial galego levantáronse da mesa de negociación coa Xunta despois doutra maratoniana xornada de negociación que arrincou pasadas as 9 horas deste martes cun único receso de dúas horas para comer e que vén precedida dun luns con outras nove horas de conversacións sen avances.

|

Os sindicatos do sector xudicial galego levantáronse da mesa de negociación coa Xunta despois doutra maratoniana xornada de negociación que arrincou pasadas as 9 horas deste martes cun único receso de dúas horas para comer e que vén precedida dun luns con outras nove horas de conversacións sen avances.


Negociacións pola folga da xustiza en Galicia


Así, piden un cambio de interlocutor e advirten de que non sentarán máis co director xeral de Función Pública, José María Barreiro, ao que tacharon de "usurpador" da Xustiza e de quen dixo que descoñece o funcionamento desta administración. Barreiro sementou a polémica o luns, cando comparou a situación dos xulgados galegos cos de Venezuela, algo do que culpou aos sindicatos.

"O conflito está máis aberto que nunca", sinalaron os sindicatos, que insistiron en que hai "cero avances". Ademais, urxiron cambiar de interlocutor e que o director xeral de Función Pública non acuda máis ás reunións, ás que tamén asiste o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.


A folga indefinida que paraliza os xulgados galegos desde o pasado 7 de febreiro seguirá . A xustiza galega vivirá así unha nova xornada de paro --a undécima efectiva--. 

relacionada Rompe a negociación da folga na Xustiza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE