​Cinco familias desaloxadas ao aparecer dinamita nun faiado

Limpando o espazo, atopáronse con 42 cartuchos, mechas e detonadores, todo "en moi mal estado".


|

Dinamita


Cinco familias ourensás que residen no número 55 da rúa Ramón Puga tiveron que ser desaloxadas a última hora do martes despois de que un dos veciños atopase un paquete con explosivos cando estaba a limpar a bufarda do edificio.


Segundo confirmaron fontes policiais, os Técnicos Especialistas en Aparellos Explosivos (Tedax) de Vigo retiraron un paquete que contiña 42 cartuchos de dinamita, cinco rolos de mechas, 68 detonadores pirotécnicos, unha vela e dúas caixas de mistos. Todo iso, en "moi mal estado" debido á súa antigüidade e ás condicións do faiado.


O suceso produciuse pasado o mediodía do martes, cando un dos inquilinos do edificio, de tres plantas e seis portas, atopou "nunha esquina" da bufarda unha bolsa cun paquete no que se podía ler "Española explosivos".


Unha das veciñas, H.C., explicou que durante tres horas se lles pediu que abandonasen as súas vivendas e que parte dos veciños se foi a casa de familiares, mentres que aínda que os restantes pensaron ir a un hotel, finalmente puideron regresar aos seus fogares "sobre as once da noite".


MATERIAL DE OBRAS


O propietario da vivenda apuntou a posibilidade de que o material explosivo se colocase no faiado cando se finalizaron as obras de desterro e construción do edificio, encargado polos seus pais hai medio século, cando el tiña doce anos.


Fontes policiais confirman a veracidade desta versión, en base ao estado do material atopado. Tamén confirmaron que "non houbo perigo" para os inquilinos en ningún momento, pero que se procedeu ao desaloxo e intervención dos Tedax "tal e como marca o protocolo" en caso de aparición de material explosivo.


relacionada Atopan entre chatarra no Porriño un proxectil da guerra civil
relacionada Atopan no peche dunha vivenda do Moaña unha granada da Guerra Civil

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE