O PP pide máis "rapidez" na tramitación de axudas sociais

|


Pobreza pobre


O grupo municipal do PP no Concello de Vigo reclamou este martes ao goberno local "axilidade e rapidez" na tramitación de axudas sociais e nas medidas de política social para que a cidade "deixe de estar á cabeza de Galicia en niveis de pobreza".


Así o manifestou a portavoz do grupo, Elena Muñoz, durante unha visita ás instalacións de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, e lembrou que a cidade olívica é a que ten maior número de parados e maiores índices de desemprego xuvenil.


A iso súmanse os dous desafiuzamentos diarios que rexistra Vigo e o feito de que 1 de cada 50 veciños ven "obrigados" a acudir ao Banco de Alimentos, ou que a administración municipal sexa a que máis tarda en tramitar unha RISGA de toda Galicia. "Seis meses é un prazo inasumible, o dobre que na Coruña, catro veces máis que en Santiago e 6 veces máis que en Pontevedra", constatou Elena Muñoz.


A portavoz 'popular' ha volto a demandar ao goberno de Caballero a incorporación de Vigo ao plan de vivendas baleiras da Xunta, que se incremente o persoal de traballadores sociais municipais e que colabore con outras administracións, deixando ao carón o conflito político, para proporcionar axuda a quen a necesite.

relacionada As turborrotondas baixan un 55% os accidentes de tráfico
relacionada Emigrantes retornados de Venezuela protestan contra o desamparo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress