​Volven as obras a Rande á espera da segunda subida de peaxes do ano

Audasa inicia o asfaltado do taboleiro central da ponte, que obriga a desvíos entre os carrís e pode durar ata o verán.


|

Rande poncheAs novas subidas das peaxes aínda non teñen data.


Os traballos de renovación do firme da parte central da ponte de Rande comezaron na noite deste luns, segundo informou o Ministerio de Fomento, o que obrigará a habilitar desvíos entre os carrís.


Estas obras, que forman parte do programa de actuacións contempladas no convenio asinado entre Fomento e Audasa para a ampliación da autoestrada AP-9, executaranse nos meses de "menor intensidade de tráfico e de forma continua para minimizar as afeccións", segundo incidiu o Ministerio, que prevé que os traballos estean listos antes do próximo verán.


SUBIDAS DAS PEAXES


Mes e medio despois de inaugurar a ampliación da ponte, cualificada como "a vía de servizo máis caro do mundo", as máquinas volven traballar sobre a calzada.


Esa obra e as de Santiago son polas que Audasa subirá este ano outro 1% os peaxes, no momento que o ministerio de Fomento o aprobe. Será un encarecemento dos prezos que se sumará ao 1,9% de xaneiro, correspondente ao IPC.


Aínda falta, con todo, outro 0,9% de subida como compensación á concesionaria polas bonificacións ás peaxes entre Vigo e Pontevedra. A esta, haberá que sumar a que calculen para sufragar o último acordo que bonifica a de Redondela.


DOUS CARRÍS POR SENTIDO


Co fin de garantir a seguridade da circulación, dos traballadores e dos condutores, produciranse desvíos alternos de tráfico, de maneira que sempre haberá habilitados dous carrís en cada sentido de circulación.


Así, cando se asfalten tramos na calzada dereita (en sentido decreciente dos quilómetros) poderase circular por un dos carrís esquerdos e polo carril exterior do sentido decrecente. Cando as obras afecten a tramos na calzada esquerda (sentido crecente), os coches desviaranse por un dos carrís da dereita e polo carril exterior da ponte do sentido crecente.


relacionada As peaxes da AP-9 subirán en dúas metades e non de golpe desde o 1 de xaneiro
relacionada ​Galicia quere cobrarlle a Audasa a subida das peaxes eliminando os seus "privilexios" co IBI
relacionada Iñigo de la Serna defende o veto do Congreso ao debate sobre o traspaso da AP-9 a Galicia
relacionada ​Fomento propón un pacto de Estado sobre autoestradas de peaxe que deixa fóra a AP-9
relacionada ​As peaxes da AP-9 subirán outra vez para que o tramo entre Vigo e Redondela sexa gratis

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE