Investigadores alertan do abandono da ciencia española

Lanzan unha recollida de firmas para denunciar ante o Goberno de Mariano Rajoy o abandono da ciencia como consecuencia dos recortes.


|

Cientificacienciamujeres


Un grupo de científicos españois alertou a través da plataforma change.org do "progresivo abandono da ciencia española provocada polos recortes no investimento" por parte do Goberno de Mariano Rajoy e anima a asinar "contra os recortes económicos e humanos na investigación española".


Baixo o título 'A ciencia española, ante unha crise irreversible? Actúa', os investigadores remarcan que non hai partidas orzamentarias, que se restrinxiron prazas e que non hai subvencións a proxectos, unha situación especialmente crítica na convocatoria de 2017 de Proxectos de Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) .


A negativa situación da ciencia e a tecnoloxía en España "incide de modo dramático en investigadores novos que non poden establecer novos grupos de traballo", engade a carta, que incide en que a ciencia é motor cultural e económico dun país.


Por todo iso, os expertos apelan a científicos, académicos, sociedades científicas, sindicatos e outras organizacións a emprensder accións para corrixir a situación.



O texto íntegro da carta, en catalunyapress.es

relacionada Antonio Figueras: "É importante que se valore a ciencia que se fai na periferia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE