​O empate en Balaídos non frea as aspiracións do Celta

|

Maxi gomezMaxi Gómez suma xa doce goles. Fonte: RC Celta


O Celta acariñou a vitoria ante o Espanyol nunha partido clave para seguir aspirando aos postos europeos. Os celestes exhibiron o seu poderío ofensivo ante un rival que renunciou ao balón disposto a golpear á contra.


Non lle saíu mal a formulación aos pericos. Os de Unzué superaban ao Espanyol no arranque do partido e con todo foi o cadro catalán o primeiro en facer dano. Na súa primeira chegada á portería defendida por Rubén Blanco, os branquiazuis anotaron por medio de Baptistao.


Non baixou os brazos o Celta. Á media hora de xogo, tras varios intentos frustrados por Diego López, o uruguaio Maxi Gómez marcou o empate de cabeza a pase do capitán Hugo Mallo.


Tras a continuación o guión do choque non variou, co Celta apertando e dándose contra a defensa e contra Diego López.


A insistencia celeste tivo premio a dez minutos para o asubío final. De novo Maxi Gómez, xa un ídolo de Balaídos cos seus doce goles nesta tempada, puxo o 2-1 no electrónico tras unha xogada individual de Emre Mor por banda esquerda.


Cando o celtismo xa saboreaba a vitoria, o recentemente entrado Gerard Moreno sacou da manga un disparo cruzado que supuxo o definitivo empate.


Con estas táboas, o Celta mantense na oitava praza da clasificación con 32 puntos, a tres do sétimo clasificado, o Éibar, e a catro do sexto, o Sevilla.


FICHA TÉCNICA


2-CELTA: Rubén, Hugo Mallo (Boyé, min.89), Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hernández, min.75), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.75), Maxi Gómez.


2-ESPANYOL: Diego López, Navarro, Naldo, David L., Aarón, Víctor S., Carlos S., Darder (Didac, min.72), Jurado (Sergio García, min.60), Baptistao (Piatti, min.72) e Gerard.


Goles: Baptistao (0-1, min.10), Maxi Gómez (1-1, min.32), Maxi Gómez (2-1, min.79), Gerard Moreno (2-2, min.87).


relacionada ​O Celta recibe o Espanyol coa "oportunidade de entrar en Europa"
relacionada Existiu unha oferta do Inter por Stanislav Lobotka

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress